lunes, 22 de mayo de 2017

CONVOCATORIA EXPOCOLECTIVA 4 DE XUÑO NA PRAZA DE ESPAÑA

Co motivo do día internacional  do medio ambiente, a asociación cultural "Sen ánimo de nome" organiza unha xornada artística enfocada á sensibilización e concienciación sobre o cambio climático.
Para máis información premede eiquí

martes, 21 de marzo de 2017

entroido 2017

O venres 24 de febreiro disfrutamos dun precioso día de sol no que tod@s formamos parte dunha festa moi tradicional e este año chea de superheroes e superheroinas.





Deixamos unha mostra do evento para tod@s. Moitos bicos. Música: Justin Hurwitz "La La Land Credits"

jueves, 9 de marzo de 2017

VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS

Este curso traballamos dende o proxecto documental interdisciplinarda biblioteca Xanela os valores.

Dende infantil a 2º de primaria participamos no proxecto "viaxe ao reino das emocións" que ten que ver coa educación emocional das nenas e dos nenos do cole. 

Este proxecto vai ligado a unha páxina web que para quen desexe saber mais pode premer EIQUÍ.










martes, 31 de enero de 2017

PAZ

Ilustración de Budy Kwan
Hai símbolos universais de paz e a pomba é un deles...cada ilustrador ten a súa propia interpretación pictórica. Neste caso, Budy Kwan faina así. Estamos seguras, todas as persoas, que o que nos encanta é a propia paz e estar en contra da violencia.
Deixemos que voe arredor nosa e se pose no noso corazón.



















miércoles, 25 de enero de 2017

CONCERTO DE NADAL

O pasado 21 de decembro subíronse ao escenario do noso cole, grandes intérpretes de diferentes xéneros musicais no xa tradicional concerto de Nadal.

Moitas grazas pola vosa presenza, entusiasmo, ledicia e participación!!!!

Empezamos polo dúo formado por David e Fernando con moita forza e temas tan clásicos como  PROUD MARY dos Creedence.





As familias de 3º participaron cun teatro de títeres. Aquí están "AS PENÉLOPES"



A profe Marta, subiu ao escenario desvelando que ela era a “tía” que cantaba co seu sobriño…e cantou un tema moi doce no que interveñen todas as nenas e todos os nenos do público.
Os coñecidos "Mundolinos" fixeron varias interpretacións nas que falaron de igualdade, amizade, respeto... 

Quizá la culpa es mía por no seguir la norma, ya es demasiado tarde para cambiar ahora.
Me mantendré firme en mis convicciones, reportaré mis posiciones.
ALASKA Y DINARAMA



Imagina a todo el mundo viviendo el día a día, imagina que no hay países, no es difícil hacerlo. JOHN LENON



Otros habrá tal vez muchos más listos que yo, eso puede ser, tal vez, más nunca habrá quien pueda ser un amigo fiel y tú lo sabes. El tiempo pasará , lo nuestro no morirá, lo vas a ver, es mejor saber, que hay un amigo en mí. 
 TONY CRUZ



Malo, malo, malo eres, no se daña a quien se quiere, no; tonto, tonto, tonto eres, no te pienses mejor que las mujeres, malo, malo, malo eres...

BEBE




Intenta tratar a los demás como lo harías contigo con solo otra sonrisa todo es más bonito, olvídate el rencor que te hizo andar perdido. 

CARLOS BAUTE






Tivemos con nós a Isabel facendo as PRÁCTICAS DE MAXISTERIO na clase de 2º e deleitounos na súa despedida coa clásica NOITE DE PAZ, en inglés e acompañada polo seu irmán. 

Noche de paz, noche de amor, todo duerme en derredor, entre los astros que esparcen su luz, bella anunciando al niño Jesús, brilla la estrella de paz. Canción de nadal austríaca composta polo organista Franz Gruber e a letra escrita por Mohr.

sábado, 19 de noviembre de 2016

MERCADO DOS FRUTOS DO OUTONO

Festa de outono no cole o pasado venres 11 de novembro
Moitas grazas ás familias por encher de doces e ledicias un bonito día de outono.

viernes, 21 de octubre de 2016

CURSO 2016-2017 " De volta ao noso patio"



Este trimestre comezamos coa fase participativa que durará ata as vacacións de nadal. A empresa REXENERANDO é a encargada de levar a bo porto esta andadura.
En decembor terán un informe elaborado para entregar no Concello e pasar á parte técnica do proxecto.
Para ler polo miudo a estupenda proposta que xa está a comezar, premede eiquí.