O NOSO PROXECTO

A NOSA PRAIA
O día 4 de xuño, o noso patio convertiuse en "a nosa praia"e que para que poidamos relamernos co sabor salgado que nos deixou nos beizos eiquí vos deixamos este vídeo, cedido por unha nai do centro e esta montaxe fotográfica cedida por un pai tamén do noso cole
https://vimeo.com/170833336  contrasinal: joseluis
Grazas a todos e todas por facer que este día de praia fose tan fermoso!
Aproveitamos para comunicarvos que onte 5 de xullo, pola tarde, fomos convocados a dirección tanto do centro como da anpa, a unha reunión coas concellalas de participación e asuntos sociais, técnicos e asesores municipais onde nos confirmaron a posta en marcha do proxecto para setembro.
Felices días de sol e praia.


comezamos coa participación!!!









" Podemos facer un día de xogos tan divertido como este?"




Como anunciamos a tod@s na entrada, o martes 3 de maio entregamos persoalmente no Concello a petición por parte do Consello Escolar de apertura de expediente para por en marcha o proxecto educativo "O NOSO PATIO"

Agora, moita ilusión e compromiso pola nosa banda: nenos e nenas, familias, profesores, persoal non docente...

O ESCRITO DE PETICIÓN AO CONCELLO





Lembramos que o vindeiro venres, 8 de abril, terá lugar a proxección e posterior coloquio en torno ao documental anunciado.

Toda a comunidade educativa está invitada a participar.






Cristina López, mamá de Amara envía este vídeo sobre espazos de xogo. "Este espazo está diseñado para o disfrute e desenvolvemento da infancia realizado con materiais reciclados..."
Grazas pola túa aportación!
Alaya, difundiendo infancia




HISTORIAS DE UN EDUCADOR SALVAJE

Nesta charla o arquitecto Juán López Aranguren
propón que os patios escolares se convirtan en elementos centrais de experimentación educativa.
Que o desfrutedes!






  1. Nun artigo publicado na páxina Ladera Sur titulado “El paisaje escolar, un paisaje de contrastes” atopamos a seguinte reflexión: “ Hoxe é importante xerar un diálogo común entre os educadores, paisaxistas e arquitectos para entender os espazos da escola como un terceiro profesor e diseñar espazos que motiven o desenvolvemento, a creatividade, a imaxinación, co fin de construir novas ideas de maneira exploratoria...
    É importante entender o espazo como unidade, unha paisaxe de aprendizaxe, que ten como fin acoller as necesidades e motivar o desenvolvemento dos pequenos, das súas familias e dos seus mestres, creando lugares onde os usos se superpoñen e dan lugar a feitos indeterminados” 


  2. Coidamos que este tipo de proxectos ademais de beneficiarnos como usuarios poderían ser un motor e unha inspiración non só para o barrio senón tamén para toda a cidade. 




COMO DEBERÍA SER O PATIO DA ESCOLA...









compartimos con tod@s este interesante enlace 



O XOGO, UN DEREITO DOS NENOS E DAS NENAS

Asociación Samthing Visual, traballa dende fai máis dun ano e medio coa Fundación Crecer Xogando na publicación dunha web documental (webdoc) que leva por título Imaxine Elephants e que profunda na importancia do xogo espontáneo de nenos e adultos.


Trátase dunha investigación na que participan máis de trinta profesionais dos ámbitos da pedagoxía, a educación, a psicoloxía, etoloxía e neuroloxía, como Francesco Tonucci, Carlos González, Miguel de Castro, Andre Stern ou Catherine L´Ecuyer entre moitos outros, partindo de diferentes cuestións: o xogo na actualidade, os tempos, os espazos e os materiais, o papel dos adultos e da escola nos xogos.


Para ver este documental premede na imaxe






COMO XOGAMOS?
Un vídeo para facernos pensar na importancia dos xoguetes



1 comentario:

  1. Xenial este proxecto!!! Poñédenos a traballar!!! Cando botamos a terra para empezar a crear?. Que non decaian todas estas ideas. Que sorte esas imaxes do blogue Tierra en las Manos.

    ResponderEliminar