ANUNCIOS


Este sábado ás 13h na BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA en Rego de Auga 37 va estrearse o videopoema documental  "DE OFICIO POETA", sobre MANUEL MARÍA. Este vídeo e o videopoema colectivo subiranse á rede o propio sábado e posteriormente nos enviarán a ligazón para poder velo. Moitas grazas a Rosa Calvo, mamá de Pepa e Xoana que nos deu a oportunidade de participar nesta iniciativa. 


MANUEL MARÍA somos nós



DILLO TI

Recibimos un correo da Secreataría de Xustiza Social e Coidados que  di:
Poñémonos en contacto convosco para animarvos a utilizar os  novos dereitos para a cidadanía postos en marcha polo Concello da Coruña, a través da Concellería de Participación e Innovación Democrática:

-          Dillo Ti

Son encontros abertos co alcalde e o equipo de goberno municipal para discutir libremente os temas que preocupan á cidadanía. As persoas participantes poderán presentar calquera idea, proposta, problema, suxestión ou reclamación durante o encontro. Celébrase o último sábado de cada mes nun barrio da cidade. A entrada é libre ata completar capacidade.

O Dillo ti previsto para o sábado 30 de abril, terá lugar no centro cívico de Monte Alto, ás 12:00 horas.
Contamos coa vosa participación.

Recibide un atento saúdo.

Sandra Alonso Paz
Secretaría de Xustiza Social e Coidados
Concello de A Coruña
Avda. Fernández Latorre, 64-66, entresollado.
Telf. 981184258




A biblioteca de Monte Alto se "irmá" con outras bibliotecas do mundo e nesta ocasión foron a parar a unha biblioteca de Finlandia. Elas propuxéronlles facer unha actividade en relación coa moda sostenible e a biblioteca do noso barrio prepara para este venres un obradoiro sobre reciclaxe de roupa.

Está dirixido aos nenos e nenas de 6º e se hai prazas tamén aos de 5º.














Estimados amigos, o 16 e 17 de abril representaremos na Sala Gurugú (rúa Agra do Orzán, 3) " Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela", de Manuel María.
Con Vanessa Rivas , Pablo Sánchez  e Fernando Alonso ao piano. Dirección: David Pernas.
Indicada para nenos de primaria. Agradécese difusión. Un cordial saúdo.
David Pernas
















CAMPAMENTO DE 
VERANO FUNDACIÓN
 MARIA JOSÉ JOVE



INVITACIÓN A



No hay comentarios:

Publicar un comentario